4 feb 2011

ATA SEMPRE!!

Aínda que ESF Galicia xa non traballa activamente en El Salvador, seguemos mantendo a rede e a denuncia das agresións aos dereitos humanos de acceso a servizos básicos como o auga nesta nova etapa política dende as eleccións. Os compañeiros de ESF Catalunya continúan o seu traballo na zona, onde xa levan 10 anos, e con eles podedes seguir informados do que está a pasar alí:


http://salvadoresf.blogspot.com/


Non queremos pechar este blogue sen deixarvos o informe de avaliación de todo o traballo realizado xunto con eles no período en que ESF Galicia puido traballar de perto na realidade salvadoreña. Aprendimos moito, e esperamos que tamén algunha cousiña aportásemos. Sen o traballo en El Salvador ESF Galicia non sería o que é hoxe, nin a nivel técnico en temas de auga e planificación hídrica en programas internacionais de cooperación nin, o que é máis importante, a nivel ideolóxico de incidencia e pelexa polo dereito a servizos básicos e o traballo en rede.