15 mar 2008

Pre vacacións


Ola de novo a tod@s!

Hoxe, antes de partir cara Guatemala a pasalas vacacións da santa semana, vouvos resumir un pouco estos últimos 5 días.

O luns, andiven moi atarefado co PFC, xa que ás catro da tarde, tiña unha presentación do meu proxecto diante dos representantes veciñais. Así que andiven toda a mañá preparándoa. Despois, a presentación foime bastante ben, agás os nervios, suei o que non está escrito. Isma dixo que estiven moi ben, eu creo que con "ben" chega.

O martes..... Que fixen eu o martes? Ah! Se non recordo mal estiven toda a xornada na oficina.... Non! Despois de currar, marchamos Cris, Josep, Isma i eu a Zaragoza, pra cear con René, Quique e Iván, de ACUA, as mellores pupusas que probei polo de agora. Despois da cea tocounos participar na Radio Bálsamo, dentro do programa "Guacamaya Roja", un programa onde poñen moitas cancións reinvindicativas, que polo que estou mirando, aquí en El Salvador teñen moita acollida. Eu tiven que seleccionar un tema, i escollín "A galopar", por Paco Ibáñez, de paso, deixáronme contar un par de pinceladas sobre Alberti, Ibáñez, o concerto do Olimpia e a dictadura de Franco. A crema!

O mércores tivemos xornada agroecolóxica ou algo así, que consistiu en acompañar á xente de ACUA en actividades no seu centro agroecolóxico. Primeiro recollimos lixo polo lugar, e despois fixen o contrario do que me recomendou Josep, púxenme ás ordes de Hanna (si é que se escribe así, pronunciábase "jana"), unha boa rapaza canadiense que leva temas de cultivos. Tiven que acarrexar pedras, coller miñocas, acarrexar sacos de abono e sachar na leira. Teño que dicir, que teño moitísimo máis estilo co azadón que Hanna. Abuela Sofía, os teus berros serviron pra algo!!
Ese día paseino de medo, escachei da risa. Isma tocado gun gorro de brillantes facendo de cociñeiro, que crack!! Por non contar as risas que botamos durante un atasco. Mirando como un policía salvadoreño sostía un cabo da luz caido sobre a estrada pra que os coches pasáramos. Jajajaja!!

Ó día seguinte tocounos unha fea xornada de oficina, aderezada a última hora da tarde cun filme cubano do ano 1968 titulado "Lucía", que se compoñía en realidade de tres filmes distintos ambientados nos anos 1895, 1933 e 1960 e pico, respectivamente, o primeiro filme un pouco tostón, os outros dous merecen a pena.

E pra remata-la semana, hoxe venres, Cris i eu, tivemos saida con Neto do grupo PPN (Programa de Producción Nutricional) de ACUA. Fumos mirar unha plantación de hortalizas, un tenreiro recén nado (teño fotos), de feito naceu o mércores, e antes destas dúas cousas fumos practicar á apicultura. A pesar do traxe leveime dúas picaduras de abella e un cague bastante guapo cando me dixo Neto: "si te entra una abeja dentro, no te saques la capucha, es mejor que te pique una que cien".
Teño que dicir, que a horta que fumos visitar estaba moi ben coidada, tiña moi boa pinta todo, pro xa podía estar nun sitio máis accesible!! Despois de media hora atravesando monte mentras eu pensaba: "que pena dunha proba do mundial de rallies por estes camiños", tivemos que descender saltando de pedra en pedra até os infernos pra chegar á horta. Evidentemente todo aquel que baixa, ten que subir. Podo asegurar que subir dos infernos é menos doado que baixar.
Pro bueno pra remata-lo día baixamos até a praia de El Palmar e comimos unha curvina, que estaba riquísima, na mesmísima praia. E botamos unha boa sesta nas hamacas. Cris artallou un novo modelo de traxe de baño, con clip incluído, jajajja!!

Xa por último comentaros quenes son os da foto. De esquerda a dereita, Ricardo (de ACUA), Josep, Isma e Cris.

Bicos a tod@s e felices vacacións!!!!!!!!!!!!!!!!!

5 comentarios:

Sergio dijo...

que si guatemala, que vou a praia, que durmo, que apicultura... cando vas a empezar a traballar no proxecto??xDDD que te estas a retrasar a posta pra quedarte máis tempo non?? vente que maria non aguanta máis sen ti!!! jejeje e broma, incluso creo que esta máis contenta,jejej bicos giron

como diria fonsi, eres DIOS!!!

Christina Cassanova dijo...

Anda q non o estas a pasar ti ben! Alégrome de veras... e teñote unha pouquiña d envexa sá! xD
disfruta da experiencia
bicosssss

Anónimo dijo...

Supuño q ademais de todo iso estarás currando un pouco, pq senon parece q andas de vacacións, q envexa m das...
Pois a seguir pasando igual de ben...Bikos

PD: o celta gañou 1-2 o numancia (menuda potra)jeje

Maruxiña dijo...

actualiza yaaaaaaa jejejeje
y a ver si trabajas algo! vagooo
qrt!!!!!!!!

Diego Asorey Cacheda dijo...

boas tardes acabamos de quedar susana sue diego raul rober i yo( cesar) expresamente para ver tu blog, todo mui bonito pero ha q trabajar un pokito mas!!! hoy salio maria en el faro para darte un poco de ejemplo.
bueno ahora lo q importa:
los regalos,
diego: pulsera tipica
xue: no sabe ni q hay ahi, una planta , pero no creo q te dejen traer flora... elige tu!
susana: todo tipo de drogas puras, de las azulechas, si no puedes pues una pulsera.
raul: algo q se coma alli a una pulserita o una mierda asi, pero de las caras.
rober: una dabel chemise
cesar: todo lo anterior elevado al cubo.